(Estado permanente: en obras)

A profa

Outubro 20th, 2009 at 20:46

Clases en inglés no novo decreto 2009

A
A

Vaia por diante que nada máis lonxe da miña vontade que dubidar da cualificación e motivación do profesorado galego, xa sabemos todos que estamos preparadísimos e interesadísimos en calquera tipo de innovación pedagóxica.

É por isto que, dando por sentado ese cacarexado decreto cara ao trilingüismo harmónico, que así de primeiras nos podería deixar a todas e todos supermegacontentos, eu nin sequera me vou preocupar de falar de porcentaxes polo de agora, xa chegará o momento.

Que non, que resisto e me autocensuro, que non falo de porcentaxes nin de se as matemáticas requiren de linguas superiores para a súa docencia, pero vaiamos ao asunto.

Unha, que por traxectoria profesional, leva andado uns cantos centros das catro provincias, sabe do exitazo das seccións trilingües (castelán, galego, inglés), e sabe ademais que o nivel do profesorado e do alumnado está por riba de toda dúbida. É por todo isto, que lle gustaría que no novo decreto figurase a lingua vehicular nas aulas en inglés (que non de lingua inglesa) cando se fixese necesario calquera tipo de intervención nunha lingua diferente ao idioma estranxeiro. Xa sei que isto é rizar o rizo, si, si, xa sei que as terminoloxías específicas están máis que dominadas por docentes e discentes, que si, que xa sei que isto nunca vai acontecer pero… só por se nalgún caso «illadísimo» se chegase a producir, non estaría mal que se regulase ese pequeno detalle, non lles parece?

comments Comments (2)    -
Outubro 17th, 2009 at 12:40

Vémonos en Compostela ;)

comments Comments (4)    -
Outubro 12th, 2009 at 22:04

Contra o silencio

A
Clicando na imaxe do texto poderás ler a miña colaboración no suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo sobre a obra de F. X. Redondo Abal, O fulgor e as tebras sobre as bibliotecas na II República.

Podes ler unha entrevista a Francisco Xavier Redondo Aval nas páxinas de Fervenzas Literarias.
Tamén podes atopar outras reseñas sobre a obra aquí, no Blog de César Salgado.

comments Comments (2)    -
Outubro 11th, 2009 at 13:03

Un motivo entre 10.000 para estar o 18 en Compostela

comments Comments (2)    -
Outubro 3rd, 2009 at 01:03

Prolingua

Creo firmemente que este logo pasará a formar parte feliz das nosas vidas.

comments Comments (2)    -
Outubro 1st, 2009 at 14:29

O caso Polanski e a dobre moral

«Como persoa e maiormente como muller alégrome da detención de Polanski e condeno esa dobre moral que se lle está a aplicar a este caso polo feito de ser o agresor un persoeiro do mundo do cine e non vén a conto ese corporativismo mal entendido. Xa deberiamos ter superado cuestións tan básicas como esta de saber que a obra destacada dunha persoa non a libera das responsabilidades cívicas comúns a todos nós.»

Vía Selva de Esmelle.

comments Comments (0)    -
Setembro 11th, 2009 at 09:06

A inequívoca boca da liberdade galega

Así se refire o Rivas a Barreiro, o presidente da Real Academia Galega, en alusión ao seu recente discurso en Celanova en contra da política lingüística de Feijoo diante do presidente.

Nunca escoitara falar da Declaración de Arbroath pero hoxe grazas ao Rivas souben dela e da seguinte frase desa declaración:

«It is in truth not for glory, nor riches, nor honours that we are fighting, but for freedom». «En verdade non é por gloria, por riquezas nin por honores polo que nós loitamos, senón pola liberdade».

E logo di tamén «o que dixo Barreiro ten madeira dese anaco de Arbroath«.

comments Comments (0)    -
Setembro 11th, 2009 at 08:18

Admiración discrepante

Clicando na imaxe do texto poderás ler a miña colaboración no suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo sobre a obra Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega de Xesús Alonso Montero.

comments Comments (0)    -
Agosto 31st, 2009 at 23:40

Troula Animación

q
comments Comments (2)    -
Agosto 30th, 2009 at 22:33

Descubrindo aves

a

[Fotografía de jvverde]
Hoxe fomos ao encontro da lagoa de Vixán e, grazas á amabilidade de Alexandre e a súa compañeira, vimos por primeira vez no posto de observación de aves: unha garza real, un mergullón e unha galiñola (na fotografía).
comments Comments (2)    -
Olark Livehelp